quiénes somos
asesoria
voluntariado
financiación
actualidad
información práctica
formación
 
inscríbete
contacta
foros
crea la web
de tu ONL
mapa web
buscador

Inscrición no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia

O artigo 28 da Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado de Galicia crea o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia que é xestionado polo Servicio de Formación e Apoio Técnico do Voluntariado dependente da Dirección Xeral do Voluntariado.

A inscrición no rexistro será condición indispensable para:

  • Integra-las accións, actividades e iniciativas das entidades de acción voluntaria no Plan galego para a promoción e fomento da acción voluntaria.

  • Acceder ás axudas e subvencións públicas convocadas pola Xunta de Galicia.

  • Subscribir convenios coas administracións públicas en materia de voluntariado.

O Decreto 405/2001 do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia desenvolve o marco legal e determina a organización e o procedemento de acceso ó dito rexistro.

Poderán inscribirse tódalas entidades de voluntariado con sede social na Comunidade Autónoma de Galicia e aquelas que desenvolvan programas e proxectos de interese xeral no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma galega. Para iso deberán presentar diversa documentación .





Entra en socialia.org
Usuario:
Contraseña:
¿Contrasinal esquecido?
Coa túa opinión podemos mellorar socialia.org. Envíanos unha mensaxe a socialia@caixagalicia.es


Resolución óptima: 1024x768 - Identificación
copyright ©2003 Obra Social CaixaGalicia. Tódolos dereitos reservados.