![]() |
| ||||||||||||
|
Incorporación de voluntarios/asProcedemento a seguir polas entidades de voluntariado para a incorporación de persoas voluntarias ós seus programas
Acordo de colaboración
Acordo de colaboraciónAsinarase dous exemplares do Acordo de Colaboración entre o representante legal da entidade e a persoa voluntaria de xeito que cada parte disporá dun exemplar orixinal Para a participación dos menores de idade, en programas específicamente adaptados ás súas características, acompañarase necesariamente ó acordo ou compromiso de incorporación unha autorización expresa dos seus pais, titores ou institucións que os teña ó seu cargo. Inscrición no libro de rexistro de voluntarioA entidade inscribirá no libro de rexistro ás persoas voluntarias, unha vez asinado o acordo ou compromiso de incorporación a un programa de voluntariado. A través deste modelo oficial de libro formalízase o rexistro de voluntarios podendo efectuarse a inscrición por procedementos informáticos. Este rexistro dependerá e será xestionado directamente por cada entidade, correspondéndolle asimesmo a súa actualización das altas e baixas producidas O rexistro será público e poderán acceder ós seus datos os afectados, podendo solicita-las certificacións que precisen. O rexistro deberá conte-la seguinte información: nome da persoa voluntaria; DNI; nome da entidade, programa ó que se adscribe; data de inscrición do voluntariado á entidade; data de baixa; motivo da baixa; observacións. A inscrición das persoas voluntarias no libro-rexistro do centro no que prestan a súa colaboración é incompatible coa prestación de servicios retribuidos de calquera natureza no mesmo centro, para garantir a non interferencia laboral. Non se procederá á inscrición como persoa voluntaria daqueles que realicen actividades que non sexan de interese xeral e altruísta ou que incumpran os requisitos da Lei do voluntariado ou disposicións complementarias. O rexistro de voluntarios/as terá carácter público independentemente da aplicación da lexislación relativa á protección de datos de carácter persoal. Non se poderán utilizar estes datos para fins distintos dos establecidos neste acordo. Efectua-la alta na Póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civilAs entidades de acción voluntaria deberá acredita-la subscrición dunha póliza de seguro que cubra tanto os danos ocasionados ás persoas voluntarias como a terceiros no exercicio da actividade de voluntariado. Certificado de participación, como persoas voluntarias, ó remate do compromisoCertificado de participación, como persoas voluntarias, ó remate do compromiso As entidades de voluntariado deberán certifica-la actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais identificativos e a duración e natureza da actividade desenvolvida. A certificación, á que ten dereito toda persoa voluntaria, farase en base os datos contidos no libro-rexistro existente na entidade ou organización na que o voluntario/a presta os seus servicios, así como cos datos contidos no acordo de colaboración previamente asinado. Este certificado expedirase polo órgano competente da entidade de voluntariado, co visto e prace do representante da correspondente Delegación Provincial da Consellería de Familia, logo do informe do responsable do programa de voluntariado. Para elo, o representante da Xunta de Galicia requerirá, ó responsable, un informe acreditativo ou copia do libro de rexistro no que consten os datos da persoa voluntaria. Dentro do respecto á liberdade de forma, ofrécese un modelo de certificado de participación para facilita-lo exercicio da responsabilidade das entidades. Outras obrigas das entidades de acción voluntaria coas persoas voluntarias
|
|
|||||||||||
|
Resolución óptima: 1024x768 - Identificación
copyright ©2003 Obra Social CaixaGalicia. Tódolos dereitos reservados. |
|||||||||||||