Dirección Xeral de Voluntariado
Funcións
Segundo o Decreto 195/2003 que establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado correspóndelle a Dirección Xeral de Voluntariado:
- A xestión e coordinación das actuacións da Consellería en materia de voluntariado.
- A elaboración e seguimento do Plan Galego de Fomento e Promoción da acción voluntaria.
- A xestión do sistema de rexistro autonómico das entidades de acción voluntaria.
- O desenvolvemento das actuacións de promoción, investigación, asistencia e formación en materia de voluntariado.
Órganos
A Subdirección Xeral do Voluntariado é a encargada de promove-lo voluntariado galego, fomentar e canaliza-las iniciativas de asociacións, persoas voluntarias ou entidades tanto públicas como privadas e buscar solucións a necesidades que presenta este colectivo na realización das súas tarefas, así como a elaboración e seguimento do Plan galego para a promoción e o fomento da acción voluntaria e a xestión do rexistro de entidades de acción voluntaria.
Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:
Servicio de Formación e Apoio Técnico do Voluntariado
A este servicio correspóndenlle as seguintes funcións:
- Coordinación dos programas e proxectos de voluntariado en áreas de interese xeral
- Xestión e organización do Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.
- Establece-los criterios para o seguimento e control das entidades de acción voluntaria.
- Coordinación dos centros de iniciativas de voluntariado galego nas delegacións provinciais.
- Proporcionar información, asistencia e asesoramento técnico ás entidades interesadas no desenvolvemento de programas ou proxectos de acción voluntaria.
- Fomentar, por iniciativa propia ou en colaboración con entidades públicas ou privadas, o desenvolvemento de actuacións de voluntariado
- Fomentar entre as entidades de acción voluntaria a elaboración de estudios, investigacións e estatísticas sobre o voluntariado en Galicia.
- Planificar e colaborar con entidades, públicas e privadas, no desenvolvemento de accións ou programas educativos, formativos e culturais que faciliten a formación básica e específica do voluntariado, así como a cualificación dos xestores das entidades de acción voluntaria da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de facilita-la profesionalización dos distintos axentes que actúan neste ámbito.
- Asesoramento, apoio técnico, participación e seguimento das actuacións da Comisión de Arbitraxe do Voluntariado
- Elaboración e seguimento da execución dos programas e accións previstos no Plan Galego para a Promoción e o Fomento da Acción
Servicio de Promoción e Axudas do Voluntariado
A este servicio correspóndenlle as seguintes funcións:
- Promover e fomenta-la participación da poboación en actuacións de voluntariado
- Promoción, participación e cooperación con entidades ou organismos doutras comunidades autónomas, de ámbito estatal ou internacional
- Desenvolvemento de campañas de difusión e sensibilización á poboación sobre os programas de acción do voluntariado.
- Tramitación, seguimento e control dos expedientes de subscrición de convenios, concertos ou outras figuras legais de colaboración con entidades de acción voluntaria
- Promocionar os proxectos de voluntariado social mediante a xestión da convocatoria anual de subvencións a entidades sen ánimo de lucro.
- Elaboración e xestión de proxectos europeos de política social
- Confección e mantemento do catálogo de recursos e creación e xestión de fondos documentais e bases de datos sobre voluntariado.
- Elaboración de proxectos normativos, informes, estudios e estatísticas
- Asesoramento e coordinación do Consello Galego de Voluntariado
|