Dereitos e deberes
As leis reguladoras do voluntariado recollen un conxunto de dereitos e deberes que é importante que coñezas antes de inicia-la túa colaboración como voluntario.
Dereitos
Son dereitos das persoas voluntarias:
- Recibi-la orientación, apoio e formación necesarios para o exercicio da súa actividade.
- Ser tratadas sen discriminación, respectando a súa liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.
- Participar activamente na organización na que estean integradas de acordo cos seus estatutos, colaborando na planificación, deseño, execución e avaliación dos programas nos que colaboren.
- Estar aseguradas polos riscos que se poidan derivar do exercicio da actividade voluntaria, polos capitais que regulamentariamente se establezan.
- Dispoñer dunha acreditación identificativa da súa condición de persoal voluntario.
- Realiza-las súas actividades en condicións de seguridade e hixiene.
- Ser reembolsadas dos gastos que lles poida ocasiona-la actividade de voluntariado.
- Dispoñer dos medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.
- Recibir certificacións nos programas e proxectos de voluntariado, que poderán, se é o caso, como recoñecemento do seu valor social, ser obxecto de valoración no seu currículo.
- Cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias.
- Obte-lo cambio de programa asignado cando existan causas que o xustifiquen, dentro das posibilidades da entidade.
- Non ser asignadas á execución de tarefas alleas ós fins e á natureza da entidade.
Deberes
Son deberes das persoas voluntarias:
- Cumpri-los compromisos acordados coas entidades nas que se integran, respectando o disposto nos seus estatutos.
- Garda-la confidencialidade respecto da información recibida e coñecida no desenvolvemento da súa actividade.
- Rexeitar toda clase de contraprestación económica ou material que lles poida ser ofrecida polo beneficiario ou por outras persoas, en virtude da súa actuación
- Actuar de forma dilixente, responsable e solidaria na execución das tarefas que lles sexan encomendadas, seguindo as instruccións que se impartan.
- Respecta-los dereitos e crenzas das persoas beneficiarias.
- Participar nas actividades de formación establecidas pola organización.
- Observa-las medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
- Coidar e facer bo uso dos recursos materiais que poñan á súa disposición as entidades para o desenvolvemento da súa actividade, así como empregar debidamente as acreditacións e distintivos da organización que se lles outorguen.
|