![]() |
| ||||||||||||
|
¿Que facer?Se pertencedes a unha entidade non lucrativa rexistrada en socialia.org que precisa persoal voluntario para realizar actividades de interese xeral, a través desta web ofrecémosvos un mecanismo gratuíto e áxil para atopalo. Para iso, dentro do apartado voluntariado/necesitas voluntarios/xestión demandas debedes dar de alta as actividades para as que precisades voluntarios. Deberedes detalla-lo contido destas, a dedicación e perfil que necesitades, etc. É importante que esta información sexa o máis precisa posible para encontrar axiña as persoas axeitadas e para facilitárvo-lo proceso de selección. Estas actividades serán publicadas e as persoas interesadas en colaborar poderán poñerse en contacto coa vosa organización. Dende a administración de socialia.org poderanse realizar revisións periódicas das actividades, pero a responsabilidade da súa actualización e contidos é sempre das organizacións membro. |
|
|||||||||||
|
Resolución óptima: 1024x768 - Identificación
copyright ©2003 Obra Social CaixaGalicia. Tódolos dereitos reservados. |
|||||||||||||