Que é voluntariado
Segundo a Lei 3/2000 de Voluntariado de Galicia, enténdese por voluntariado o conxunto de actividades desenvolvidas en áreas de interese xeral
sempre que estas se realicen:
- De xeito altruísta, desinteresado e solidario.
- Con carácter voluntario e libre, sen que teñan por causa unha obriga persoal ou deber xurídico.
- Sen contraprestación económica.
- Por medio de entidades públicas ou privadas estables e democráticas sen ánimo de lucro e de acordo con concretos programas ou proxectos de interese xeral.
Quedan excluidas do concepto de voluntariado as actividades:
- Desenvolvidas como consecuencia dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial de calquera tipo.
- Ailladas, esporádicas ou realizadas por razóns de benevolencia, amistade ou boa vecindade.
|