Promoción do voluntariado
O Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado establece as competencias da Xunta de Galicia, exercidas a través da Dirección Xeral de Voluntariado, para facer efectiva a política de fomento da actividade voluntaria e a participación dos cidadáns e cidadás.
Ademáis, a lei 3/2000 do Voluntariado de Galicia fai un recoñecemento do labor das corporacións locais en materia de voluntariado, a través de:
- A posibilidade de creación de oficinas municipais ou supramunicipais de voluntariado.
- A colaboración coas entidades de acción voluntaria, proporcionando información, formación e asistencia técnica e programando e coordinando as actuacións en materia de voluntariado no seu ámbito territorial.
- A colaboración coa Xunta de Galicia na elaboración de estatísticas sobre voluntariado e seguimento de programas xestionados por entidades de acción voluntaria con cargo a fondos públicos.
|