![]() |
| ||||||||||||
|
Quen somosSOCIALIA é a denominación do Programa da Obra Social de Caixa Galicia para o Sector Non Lucrativo. Neste marco nace socialia.org, unha comunidade solidaria virtual que quere facer uso das oportunidades que brindan as Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación para potencia-lo traballo das Organizacións Non Lucrativas (ONL). socialia.org non é unha fin en si mesma, senon un medio máis para contribuír ao fortalecemento do Terceiro Sector, a aumenta-la súa visibilidade a través da difusión da súa acción social solidaria, a apoia-las súas organizacións no logro dos seus obxectivos e a favorece-la interrelación coa administración, os cidadáns e as empresas, xa que a cohesión social e o benestar son responsabilidade de todos. Neste senso, socialia.org ha ter continuidade fóra da rede, a través de actividades de investigación, formación, debate, difusión de información, etc. ObxectivosPotencia-lo voluntariado a través de Internet, dinamizando e servindo de ponte entre o sector non lucrativo, o público en xeral e a administración. Contribuír a facer accesibles as Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación ás ONLs, a través dun programa de informatización, ofertas de contas de e-correo, sitios web e formación. Ofrecer información, ferramentas e servizos que permitan mellora-la xestión e optimiza-los recursos das ONL. Apoia-la difusión e intercambio de información entre as entidades membro e o público en xeral, en relación con programas, campañas, cursos, xornadas, proxectos, voluntariado, etc. Contribuír ao debate e á reflexión sobre temas de interese e actualidade relacionados coa acción social e a solidariedade a través de foros virtuais. |
|
|||||||||||
|
Resolución óptima: 1024x768 - Identificación
copyright ©2003 Obra Social CaixaGalicia. Tódolos dereitos reservados. |
|||||||||||||